sábado, 29 de noviembre de 2008

XA CHEGA O NADAL ! ! !


Pois sí, xa chega o Nadal e este ano mais que nunca teño ganas de que chegue: vacacións,volver a ver a moita xente que non ves noutras épocas do ano e sobre todo tocar a pel de Trosflofaclas (inténtese pronunciar en voz alta).
Trosflofaclas: Este ano ela é o meu Nadal,ven pronto Trosflofacliñas.
Este é un dos novos adorniños da árbore deste ano dedícocho... A que é monerrimo?
Mañan sacaremos todos os tesouriños navideños e poñerémolos xa na sala, sigo tendo a esperanza de que se te solucionen os problemas do ordenata e podamos ensinarte como queda todo.

Rouco cree necesario 'olvidar' y volver al espíritu de la Transición

Y que hai do espiritu da transición cando se beatifican sopotocientos mártires da guerra civil ? a culpa ó final a ten quen cala ou tal vez e por qué non? a culpa a ten o propio espiritu da transición: Non se pode perdonar a quen non se reconoce como perdonado.

http://www.elmundo.es/elmundo/2008/11/24/espana/1227532832.html








jueves, 6 de noviembre de 2008

SENHOR


Aquí esta Senhor, un señor can que nos ten tolos a toda a familia, é o can máis pacífico bo e lambón de tódolos cans.
Cando lle decimos o nome da xente da casa, vai ó pe dela, de todos coñecía o nome menos o meu, un día a miña filla mais pequena chamoume,mamáá e el levantouse e veu xunta min- claro que me coñecía! pero polo nome que máis escoitara.

sábado, 1 de noviembre de 2008

AS FLORES DO CASTRO



Que bonito é o verano. O peor é o cortiño que é. Cando pasa un xa estás desexando que chegue o seguinte, claro que a min pásame o mesmo co nadal, coa primavera, co dia do meu cumple... e asi con casi todas as épocas do ano. Aínda que este ano e por unhas razóns específicas o único que desexo é que chegue outra vez o verán.

miércoles, 15 de octubre de 2008

Xa estamos en outono e así estan as miñas gazanias, esta en concreto, un pouco solitaria pero se lle ve tan ben...

Mañán creo que vai sentirse feliz pois según todos os indicios vai chover sobre ela todo o día e se hai sorte entre chuvarada e chuvarada quentaraa un pouco o soliño.

domingo, 5 de octubre de 2008

Chiculate negro



mmmmmhmmmm
Para inaugurar este blog unha homenaxe a este compañeiro que me fai a vida moito mais doce e como unha imaxen vale mais que mil palabras non hai mais que dicir.