Onte tomei unha fondue de froitas como postre dunha rica cea, na casa da miña amiga Maria e hoxe, lembrando aquel momento, pregúntome, Como é posible que ninguen lle fixese xa un monumento a ese postre, explico por qué penso así:
Os ingredientes son:
Froita, ninguén dubida que é o alimento por excelencia tanto polo seu sabor e variedade como polas súas propiedades tan beneficiosas para a saúde
Chocolate, (sen comentarios).
Un grupo de amigos é decir persoas que ti elexiches, de entre millons e millons de persoas que hai no mundo, para compartir os teus ratos mellores, peores, divertidos, tristes...
Unha conversación (como o chocolate, sen comentarios)
Pode haber algún postre mellor?