sábado, 29 de noviembre de 2008

XA CHEGA O NADAL ! ! !


Pois sí, xa chega o Nadal e este ano mais que nunca teño ganas de que chegue: vacacións,volver a ver a moita xente que non ves noutras épocas do ano e sobre todo tocar a pel de Trosflofaclas (inténtese pronunciar en voz alta).
Trosflofaclas: Este ano ela é o meu Nadal,ven pronto Trosflofacliñas.
Este é un dos novos adorniños da árbore deste ano dedícocho... A que é monerrimo?
Mañan sacaremos todos os tesouriños navideños e poñerémolos xa na sala, sigo tendo a esperanza de que se te solucionen os problemas do ordenata e podamos ensinarte como queda todo.

Rouco cree necesario 'olvidar' y volver al espíritu de la Transición

Y que hai do espiritu da transición cando se beatifican sopotocientos mártires da guerra civil ? a culpa ó final a ten quen cala ou tal vez e por qué non? a culpa a ten o propio espiritu da transición: Non se pode perdonar a quen non se reconoce como perdonado.

http://www.elmundo.es/elmundo/2008/11/24/espana/1227532832.html








jueves, 6 de noviembre de 2008

SENHOR


Aquí esta Senhor, un señor can que nos ten tolos a toda a familia, é o can máis pacífico bo e lambón de tódolos cans.
Cando lle decimos o nome da xente da casa, vai ó pe dela, de todos coñecía o nome menos o meu, un día a miña filla mais pequena chamoume,mamáá e el levantouse e veu xunta min- claro que me coñecía! pero polo nome que máis escoitara.

sábado, 1 de noviembre de 2008

AS FLORES DO CASTRO



Que bonito é o verano. O peor é o cortiño que é. Cando pasa un xa estás desexando que chegue o seguinte, claro que a min pásame o mesmo co nadal, coa primavera, co dia do meu cumple... e asi con casi todas as épocas do ano. Aínda que este ano e por unhas razóns específicas o único que desexo é que chegue outra vez o verán.