domingo, 25 de enero de 2009

Mais do temporal


Non podo estes días esquecer a uns amigos que teño, moi maiores eles,que levan xa tres dias sen luz, polo tanto sen calefacción, sen televisión e sen ningún outro dos entretenimentos que nestas épocas axudan tanto a pasar os días fríos e desapacibles á xente maior .
Escoito na tele falar de axudas para as perdas nas vivendas, nos negocios... Hai perdas que non teñen solución. Entendo que ninguén pode parar un temporal para que non produza danos pero tamén sei que hai moitos paises que pouco a pouco foron enterrando as liñas e... É tópico pero é verdade, estas cousas alí non ocurren.

sábado, 24 de enero de 2009

TEMPORAIS



- Pero muller e ti onde mercaches ese paraugas?
- Non é o paraugas, son os temporais de agora, reina, que son moito mais peores que os de antes
- Que os de antes de qué? os de antes de que viñeran os chinos a estas terras?
- Non muller, os de antes do quentamento da terra, oíches falar?
- Moito, pero primeiro dime se o di Quintana ou Fraga.
- Eses dous falan do quentamento de Galicia e iso mais ben ten que ver coa crise que co meu paraugas.
- Pero enton é por culpa dos chinos que eu tiven que pringar, como unha deles e quedar pola mañá cos meus netiños rompendome todo o que tiña na casa?
-Eso é por culpa dos profes dixéronme que agora xa non se sinten culpables nin de que se lles mollen os nenos no recreo
-A ver se van ser eles os responsables do temporal...
-A min pájanme o paraujas!