
Non podo estes días esquecer a uns amigos que teño, moi maiores eles,que levan xa tres dias sen luz, polo tanto sen calefacción, sen televisión e sen ningún outro dos entretenimentos que nestas épocas axudan tanto a pasar os días fríos e desapacibles á xente maior .
Escoito na tele falar de axudas para as perdas nas vivendas, nos negocios... Hai perdas que non teñen solución. Entendo que ninguén pode parar un temporal para que non produza danos pero tamén sei que hai moitos paises que pouco a pouco foron enterrando as liñas e... É tópico pero é verdade, estas cousas alí non ocurren.